Friday 13 de September de 2024

Marta Abal destaca o “legado socialista” na execución orzamentaria do 2023: “alcanzamos o máximo en gasto por habitante”


A que fóra responsable de Facenda no mandato socialista cualifica o resultado orzamentario do úl9mo ano de goberno do alcalde Bugallo como unha “moi boa nova para San9ago” con case 11 millóns de euros executados en materia de inversións.

Unha “moi boa nova para San0ago” así cualifica a edil socialista Marta Abal o resultado da execución orzamentaria do 2023, o úl0mo ano do goberno do alcalde Bugallo. A que fóra responsable de Facenda no goberno socialista destaca o gasto en materia de inversións, sobre todo, o incremento que experimentou desde o 2019: “pasamos de 6 millóns executados en inversións no primeiro ano de mandato aos case 11 millóns do 2023” afirma.

Neste sen0do, o gasto por habitante en materia de inversións, en obras, alcanzou os 114,43 euros. Un esforzo inversor que, explica, pode verse en actuacións como a humanización do Campus Sur, a reforma da Casa das Máquinas en Galeras ou nos parques infanSs da Alameda, do Romaño, da Almáciga ou o espazo interxeracional de Sar. Tamén destaca as actuacións en materia de pavimentación no rural, poñendo como exemplo as executadas na Silvouta ou no núcleo de Coira, en Laraño; e na propia contorna urbana ou nos barrios.
“Ese é o legado socialista en materia de inversións” destaca Abal que asegura estar “expectante” por ver cal é o resultado da xes0ón económica do execu0vo de SanmarSn quen, lembra “tantas licenzas se permi0u á hora de avaliar os resultados alleos que, agora, semella querer vender como propios”. Neste sen0do, apunta que todas as obras acome0das no 2023 foron executadas ou licitadas durante o mandato socialista.

1.200 euros: o máximo en gasto por habitante

Ademais dos 10,7 millóns de euros executados no 2023 en materia de inversións, Abal destacou que o gasto xeral por habitante alcanzou no 2023 os 1.176,02 euros, “o máximo de todo o mandato”.
Uns datos, insiste a edil socialista, que abalan a xes0ón económica do goberno de Sánchez Bugallo, que incrementou en un 69,4% as inversións executadas nos catro anos de mandato. Aínda que recoñece que hai marxe de mellora e anima a “seguir o camiño iniciado polos socialistas” na “mellora da estrutura municipal”.